A Fapacel reúnese en Pastoriza este sábado

Na Casa da Cultura da Pastoriza, a Federación Provincial de Anpas de Lugo (Fapacel), que preside Isabel Calvete, celebra a súa asemblea anual este sábado 1 de febreiro.

Ademais de traballar, aproveitarán para pasar o día no municipio e asistirán a unha charla sobre O mundo castrexo na Pastoriza, a cargo de Emilio Ramil, arqueólogo encargado das escavacións feitas no Castro de Saa da localidade.

Tamén haberá, para os máis pequenos, actividades e obradoiros para traballar con barro. Pola tarde, haberá roteiro etnográfico con saída da área recreativa de Baltar, pasando polo Castro de Saa. A xornada terminará con cantos e bailes a cargo do Grupo de Música Tradicional da Pastoriza.

Etiquetas