O xurado escolleu o cartel gañador da Feira do Grelo das Pontes

A súa maxestade, o grelo, de Cristóbal Aguiló Domínguez (Cartaxena) será o cartel anunciador da 40ª edición da Feira do Grelo das Pontes.

Un xurado, composto por Carmen Bellas Vázquez, licenciada en Belas Artes; Alicia Puchades Tella-Villamarín, profesora de educación plástica do IES Moncho Valcarce; Elena López Seco, concelleira-delegada especial de Turismo, Consumo, Hostalería e Comercio e Lorena Tenreiro Blanco, concelleira delegada especial de Organización Interna e Medios Locais, elexiron, por unanimidade, a proposta gañadora do concurso de cartaces desta cita gastromómica.

Foron 37 os autores e autoras, procedentes de toda España –As Pontes, Ortigueira, Pontevedra, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía ou Illas Canarias- as que presentaron un total de 56 obras artísticas que tiñan como obxectivo converterse na imaxe oficial da 40ª edición da Feira do Grelo e ser empregada para a súa promoción.

Os cartaces Brassica rapa de Carolina Díguele Parras, Greliños Frescos de Isabel Núñez Montero e Son días de Feria, de Dulce María López Fernández, foron os cartaces finalistas.

Etiquetas