Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Roteiros de Pol realizará unha ruta por mes ata final de ano

Por 31 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A asociación cultural Roteiros de Pol continúa este domingo, 2 de febreiro, cunha serie de rutas de sendeirismo por distintos lugares da xeografía galega que terán unha periodicidade mensual.

A primeira será pola Fervenza Pena dos Portelos, no municipio de Ribeira de Piquín, que conta cunha camiñada de 17.5 quilómetros de distancia e de baixa dificultade apta para todas as idades.

Un bus cos participantes sairá primeiro de Lugo ás 8.30 horas da mañá dende a estación de tren para chegar a Pol ás 9.00 e a Meira ás 9.15 horas. Ás 9.30 horas está prevista a chegada ao punto de saíra do roteiro que finalizará no mesmo lugar ás 14.00 horas con comida nun restaruante da zona.

O prezo para os interesados é de 25 euros para socios e 30 para os non socios.

O plan de Roteiros de Pol é realizar unha ou dúas saídas por mes. A seguinte será en marzo, o día 1, pola Fervenza da toxa, en Silleda e o día 29 visitarán o Camiño Natural do Cantábrico, de Ribadeo a Rinlo.

O calendario completarase con novas rutas por A Pontenova, Navia, Valdoviño, Castro Caldelas, Pol, Pantón e Ribas do Sil.

Sen esquecer que un ano máis participarán no Encontro Astur-Galaico de sendeirismo que se celebrará este ano en Luarca e en maio acudirán á Devesa da Escrita, en Pedrafita.