Skip to main content
Actualidade

Volve o Entroido do Val de Francos o día 25 de febreiro

Por 2 Febreiro, 2020Sin comentarios

Un ano máis haberá o Entroido de Val de Francos, que se celebrará o 25 de febreiro, martes. A festa dará comezo ás 16.30 horas coa chegada do grupo de gaitas Os Valuros ao campo da festa e a súa actuación.

O esperado acto oficial de sermón, sentencia e queima do entroido iniciarase ás 17.00 horas antes da actuación, ás 17.30, do grupo Beatriz de Asturias. A continuación, terá lugar o sorteo de cestas e lotes de xamón, queixo e viño ademais doutras moitas sorpresas que ten reservada como todos os anos a organización.

O grupo Beatriz volverá facer un pase musical ás 19.00 horas.

A organización lembra como todos os anos haberá premios para os mellores disfraces aínda que non concurso e ao largo da tarde haberá degustación de rosquillas e orellas.

A festa está organizada por unha comisión formada por veciños de Ansemar, Balmonte e Goberno e colaboran o Concello de Castro e a Deputación Provincial.