Vilalba vestirase de Entroido os días 25 e 26

O Concello de Vilalba vestirase de cor e festa para celebrar a festa do Entroido os días 25 e 26.

Os veciños poderán desfrutar cos actos programados para a ocasión, que comezarán ás 17 horas desde a estación de autobuses co desfile.

Este tradicional desfile percorrerá as principais rúas da vila e estará amenizado polas charangas.

Haberá 5.180 euros en premios para os disfraces individuais, por parellas e en comparsa das categorías infantís e adulto.

Ademais contarán con premios especiais ao disfraz máis orixinal e o máis simpático.

Tamén haberá un premio a repartir entre todas as comparsas que participen e non leven ningún premio con un máximo de 100 euros por comparsa.

En caso de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, os actos do martes celebraranse no pavillón de deportes.

Etiquetas