O BNG de Vilalba pregunta ao goberno municipal sobre a estación de autobuses

O Bloque Nacionalista Galego de Vilalba presentou ao goberno municipal, vía rexistro, diferentes inquedanzas e problemáticas que lle foron transmitidas pola veciñanza vilalbesa.

“O bloque de Vilalba está presente, seguimos no camiño para facer que o noso Concello cada día sexa mellor, contando sempre coa veciñanza como eixo” recalcou Pilar Prieto, responsábel local da formación frontista.

As demandas que se lle achegan ao goberno municipal falan sobre o tratamento de augas na parroquia de Sancovade, a mellora do servizo de sumidoiros en Alto da Forca e a reclamación dunha mellora no servizo de recolleita de lixo, onde se execute unha rede de reciclaxe eficaz na que evite os vertedoiros incontrolados. 

Tamén, preguntan sobre a postura do goberno vilalbés, tras a cesión a estación de autobuses por parte da Xunta ao ente municipal

Pilar Prieto “non entendemos a actitude do goberno municipal ante a posición do goberno popular na Xunta desta instalación, parece que accede sen poñer miramentos a unha situación que nos parece deplorábel para a nosa veciñanza”

“nin a Xunta nin o goberno municipal teñen amosado ningunha postura firme sobre o seu futuro, o que si sabemos é que non houbo nin exixencia da Xunta á concesionaria para o seu mantemento nin un control por parte goberno municipal da instalación” subliñou a voceira nacionalista.

Porén, as nacionalistas ante as ultimas informacións exixen ao goberno municipal información sobre que posíbeis usos terá a instalación e en qué condicións se produciu dita cesión.

Etiquetas