O FIV de Vilalba sacará á venda os seus primeiros abonos o luns 10

O vindeiro luns, 10 de febreiro, a partir das 11.00 horas, o FIV de Vilalba poñerá ao disposición do público os primeiros abonos para a súa 13ª edición, que se celebrará os días 24 e 25 de abril de 2020.

Os primeiros 200 abonos poderán adquirirse a través da plataforma online www.ataquilla.com e a web www.fivdevilalba.com, a un prezo de 22 euros+ gastos de xestión.

Tras catro anos consecutivos esgotando todas as súas entradas, o mítico festival galego regresará esta primavera aos escenarios para amosar na localidade galega o mellor da musica indie do momento.

Moi pronto se darán a coñecer as primeiras confirmacións do seu cartel. O FIV 2020 contará, un ano máis, cun completo programa de actividades, que incluirá charlas, unha exposición, a súa xa clásico concerto á hora do vermú no Auditorio Carmen Estévez e sesións de cinema con filmes de temática musical.

Así, da man do festival, Vilalba vestirase de fucsia para converterse de novo no epicentro nacional da mellor música indie durante toda unha fin de semana.

 

Etiquetas