Skip to main content
ActualidadeCospeito

Paula Francos deseñou os carteis da Moexmu 2020

Por 7 Febreiro, 2020Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo que xa comenzaron o pasado mes de xullo e están encamiñadas á celebración dunha nova edición, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020.

As edición deste ano serán a XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, a XXXIV Concurso de Gando Frisón da MOEXMU, que se celebrará, conxuntamente, co XXIX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2020, a XXXIV Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXIV Poxa de Gando Selecto.

Unha edición máis, Paula Francos Anllo, volve a ser a autora dos carteis da Moexmu e do Concurso de Gando e co seu cartaz quixo amosar que hai que levar o rural na pel, así como a transmisión do amor polo rural ás novas xeracións e hai que visibilizar que a diversidade no rural tamén ten cabida: por un lado as familias monoparentais e polo outro, utilizando a figura dunha persoa sen un xénero definido.

Por outra banda, o cartaz do Concurso, Exposición e Poxa de Gando, tamén xira sobre dúas mensaxes principais. Por un lado, e utilizando a figura dunha nena ou neno, transmítese a idea de que o rural ten futuro, e polo outro, valórase o coidado aos animais, véndose así como o premio colga como un pendente da orella da neno/nena facendo unha metáfora de que é a persoa que coida aos animais é a que leva o premio xa que, unha boa xenética mal coidada é peor que unha non tan boa xenética mellor coidada