Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade convoca un concurso de disfraces para o luns 24

Por 8 Febreiro, 2020Febreiro 10th, 2020Sin comentarios

O Entroido chegará a Xermade o luns 24 de febreiro coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 21.30 horas no pavillón polideportivo con actuación musical incluída.

Haberá chocolate quente para todos os asistentes e farase un concurso de disfraces ao que poderán presentarse tanto empadroados como non empadroados no Concello. Haberá premios diferentes. Así, para os veciños establécense tres premios para cada una das tres categorías, grupos, parellas e individuais, que oscilarán entre os 200 e 100 euros, os 100 e o 50 e os 20 e os 20 euros por categoría. Para os non empadroados no Concelo establécese un premio de 200 euros para o gañador e de 150 para o segundo.

Todos os que desexen sumarse a este concurso poden facelo ata o día 19 de febreiro. A inscrición pode facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org.

O concurso de disfraces Entroido Xermade 2020 celebrarase o luns día 24 de febreiro, ás 21:30 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade. Para amenizar a festa actuarán La Hora Bruja e haberá tamén chocolate con doces, desfile e entrega de premios.