Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza contará con festa e xantar popular para celebrar o Entroido

Por 9 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza terá a súa festa de Entroido o domingo 23 de febreiro nas instalacións da antiga ladrilleira.

A festa dará comezo ás 14.30 horas cunha comida popular para todos os veciños, á que seguirá, a partir das 17.30 horas unha festa amenizada polo dúo Caramelo.

Por supusto, é regulamentario acudir disfrazado xa que haberá premios para os disfraces infantís.

Pola noite continuará a festa cunha chocolatada con biscoito casero a partir das 21.00 horas.

Esta celebración está organziada polo veciños da Pastoriza.