Outeiro de Rei prepara un amplo programa de Promoción da Muller

O Concello de Outeiro de Rei poñerá en marcha un amplo abano de actividades para o programa de Promoción da Muller 2020.

Para este primeiro trimestre do ano teñen preparado un curso de cociña tradicional galega os venres de 16.30 a 18.30 desde o 6 de marzo ao 24 de abril, un curso de Aquafitness para os sábados pola mañá de 10.15 a 11.00 horas e ata finais de xuño.

Dende o 9 de marzo a maio haberá clases de preparación para as competencias clabes N2, na que se ofertan 15 prazas, e tamén do 12 de marzo ao 28 de maio os amantes das prantas poderán desfrutar dun curso de xardinería e coidado  da contorna.

Xa no segundo trimestre, o domingo 10 de maio haberá unha excursión a feira do Melindre en Melide con saída desde a praza do Concello.

No terceiro e cuarto trimestre do ano, preparan un curso de informática básica os martes e xoves desde mediados de setembro a finais de outubro, un de elaboración de xabóns e cosmética natural os martes desde o 15 de setembro ata o 5 de decembro, e un taller de cestaría con materiais reciclados os mércores de setembro a outubro.

Tamén haberá días de conmemoración e celebración, así o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, convocan a IV edición do Concurso de Fotografía A Muller Traballadora, onde pretende visibilizar o traballo das mulleres no Concello. Este día inaugurarase a exposición na Casa da Cultura ás 16.30 horas.

E o 28 de novembro, en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, haberá un taller de defensa persoal no pavillón de deportes con 30 prazas.

Lembran que aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta tamén á participación dos homes; igualmente, no caso de que no se cubran as prazas no resto de actividades ofertadas, estas poderán ser cubertas por homes.

As prazas cubriranse por orde de solicitude e o prazo de inscrición das actividades previstas para o primeiro semestre do ano permanecerá aberto ata o día 26 de febreiro.

A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición, e as persoas non empadroadas en Outeiro terán que aboar uns suplementos a maoires, nos cursos de ata 2 meses 10 euros, e cursos de 3 a 4 meses 20 euros. Para máis información será necesario poñerse en contacto coas oficinas do Concello.

Con motivo de cumprirse 20 anos desta programación, expoñeranse na casa da cultura uns paneis que recollerán diferentes momentos das actividades organizadas polo Concello de Outeiro de Rei dende o ano 2001.

Etiquetas