Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Gran actuación dos atletas de Friol no campionato de Marín

Por 10 Febreiro, 2020Sin comentarios

O pasado sábado 1 de xaneiro tivo lugar en Marín o Campeonato Galego de marcha en ruta, onde estiveron presentes ata 14 deportistas do club Atletismo Friol.

Na proba absoluta, Eva Freire lograba rematar na decimoprimeira posición global e conquería o cuarto posto na categoría sub 20.

Xa na proba sub 14, Mara Montes se facía coa séptima posición na categoría sub 14, mentres que as súas compañeiras de equipo Aldara Ceide e Noa Mouriz o facían na novena e décima, respectivamente. Polo que respecta á
categoría masculina, Ramón Loureiro entraba na quinta posición, mentras que Mateo Sánchez era sexto e Lucas Castiñeira, séptimo.

No que respecta a categoría sub 12, Ohiane Gómez conquería a sexta posición e Alba Menán a séptima, mentras que Ariadna Paz finalizaba no posto undécimo, Grace Gainsford era decimosegunda e Uxía Platero, decimoterceira. Entre os nenos, Martín Díaz finalizaba na quinta posición.

Por último, Anxo Moreno acadaba a cuarto posto na categoría sub 10.