Carballo Vivo de Friol organiza unha festa de Entroido

A asociación Carballo Vivo de Friol organiza para o día 22 de febreiro unha festa de Entroido.

Ás 16.30 será a concentración de Entroidos no centro social de Carballo, para así, continuar co percorrido polas rúas do Concello.

Xa pola noite, os asitentes poderán degustar unha cea con produtos de porco celta e sobremesas típicas destas datas como orellas, fritos e filloas.

A cea, que será no centro sociocultural de Carballo, terá un prezo de 15 euros para os que non sexan socios e 7 para socios.

Para apuntarse haberá que falar con algún membro da asociación oou escribir a carballovivo@gmail.com antes do día 20.

 

Etiquetas