Skip to main content
Actualidade

Castro Ribeiras de Lea celebrarán o 29 a popular festa de Entroido

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

Os veciños de Castro Ribeiras de Lea celebrarán o día 29 de febreiro a popular festa de Entroido.

Durante esta xornada non faltará a animación musical, a alegría e os disfraces. Así, ás 12 horas dará n comezo os xogos tradicionais de Xotramu e a animación infantil.

Acto seguido, poderase desfrutar da sesión vermú a cargo de Stereo Show, Dj Davi Expósito de Radio Lider.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas comezará o desfile de Entroido, e ás 21.00 horas será a cea na carpa, que terá un menú de empanada, xamón, callos, pan e orellas de Entroido.

Pola noite poderase desfrutar de novo da música de Stereo Show e despois será a entrega de premios, con máis de 6.000 euros en premios.

Os premios serán as categorías de comparsas, parellas de adultos e infantís, e individual adultos e infantil. Ademais haberá un premio especial a mellor comparsa do Concello.

Para participar é necesario anotarse antes do 24 de febreiro chamando ao 687 730 688 ou 627 395 007.

A inscrición ten un prezo de 5 euros por persoa e o xantar 12, aínda que a organización fai un desconto por apuntarse as dúas actividades.