Feijoo adianta as eleccións galegas ao 5 de abril

Os galegos foron convocados ás urnas unha vez máis para o 5 de abril, pero nesta ocasión para decidir o novo Goberno da Xunta de Galicia.

Así, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comunicou que as eleccións adiantábanse a semana anterior á Semana Santa, coincidindo unha vez máis coas vascas.

O feito de que se adianten as eleccións fai que non coincidan coas catalás e evitar o ruído e polémicas que se poderán xerar ao redor, ademais de que así permitirá que a nova Xunta de Galicia poida ter os orzamentos para o 2021, ano importante polo Xacobeo.

Por outra banda, o líder do Partido Popular manifestou que se presentará de novo como candidato por cuarta vez e que estas eleccións “non van ser doadas”. Tamén remataba a súa comparecencia coa súa frase “Galicia, Galicia, Galicia, e outra vez máis, Galicia” facendo alusión á cuarta lexislatura que podería acadar.

Por outra banda, tan só se coñecen a dous candidatos máis, Gonzalo Caballero, do PSOE, e Ana Pontón, do BNG.

Etiquetas