Skip to main content
Actualidade

Tradescola ofrece dous concertos en colexios de Castro

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase ata o concello de Castro de Rei, concretamente aos CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei) e do CEIP Veleiro Docampo (Castro Ribeiras do Lea) para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o  mércores 12 de febreiro ás 10.00 horas (Castro de Rei) e as 11.45 horas (Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea). Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Nestos concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Germán Díaz amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

Por outra banda, a Tradescola xa ten confirmados novos concertos didácticos para escolares que terán lugar durante este semestre, concretamente no mes de marzo achegarase ata Cospeito e Muimenta, en abril estará en Mosteiro (Pol), en maio en Becerreá e en Xuño rematará este ciclo de concertos en Lugo.