O Anpa do Ceip Poeta Avelino Díaz prepara o Entroido

O Anpa do Ceip Poeta Avelino Díaz de Meira prepara para o luns 24 de febreiro a súa festa de Entroido.

A festa terá lugar no pavillón municipal de 16.30 a 19.30 horas e consistirá nunha divertida Festa de Entroido e o Concurso de Disfraces, dotado con premios.

Na velada haberá xogos infantís e unha chocolatada con churros para todos os nenos ao rematar.

Repartiranse premios en metálico aos tres mellores disfraces clasificados nas distintas categorías participantes, individual, parellas e grupos.

Etiquetas