Cospeito celebrará o día 21 a popular festa de Entroido

O Concello de Cospeito celebrará o día 21 de febreiro a popular festa de Entroido.

Os actos programados comprenden unha divertida festa infantil con animación musical, karaoke e o popular Desfile de Disfraces e serán no pavillón de deportes.

O desfile infantil será a partir das 17.00 horas é estará dotaado con 365 euros en premios, repartidos nas categorías individual, parellas e comparsas.

O de adultos será ás 23.00 horas e terá 1.150 euros en premios repartidos nas mesmas categorías.

Ademais, sortearase unha cesta típica do Entroido, e contarán coa actuación do Dúo Estrellas ás 22.00 horas para o gran baile de disfraces.

Tamén haberá unha exposición de máscaras no Museo das aves, que se poderá visitar os venres en horario de 11 a 14 e de 16 a 18 horas dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo.

Etiquetas