Skip to main content
ActualidadeVilalba

Sancovade organiza unha festa de Entroido e o tradicional concurso de disfraces

Por 14 Febreiro, 2020Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Sancovade organiza unha festa de Entroido para o sábado 22 de febreiro que contará co seu tradicional concurso de disfraces.
Así, a celebración comezará ás 13 horas no campo de fútbol coa sesión vermú que estará amenizada polo dúo Pedriñas, para despois ter un xantar popular.
Pola tarde será o concurso de disfraces, que dará comezo a partir das 17.30 horas, e repartirá 500 euros en premios e con agasallos para os máis cativos e os máis lonxevos.

O precio do xantar é de 25 euros para os que non sexan socios e 15 para os restantes. A organización lembra que xa están a venda os tiquets para participar no xantar e poderanse adquirir ata o día 18.