Skip to main content
ActualidadeSociedade

Panorama, París de Noia e moita máis música nas festas de Castro do 4 ao 7 de agosto

Por 2 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

A vila de Castro Ribeiras de Lea vístese de festa entre o venres 4 e o luns 7 de agosto para celebrar as súas patronais na honra a San Roque e Dulce Nome de María.

A programación musical conta con Nueva Fuerza, o Trío D’Nika e José Anido para o venres 4, Breixa Band e o grupo Bomba para o sábado 5, Panorama e La Favorita o domingo 6 e París de Noia con Venezia o luns 7.

A maiores, o sábado o pasarrúas correrá a cargo da Charanga de Vilalba e o domingo, dos Valuros de Castro de Rei.

O domingo pola tarde tamén haberá xogos e actividades con paiasos para os máis pequenos e pequenas con Puzzle Animación e maxia con Óscar Bello.

*Fé de erros: Por mor dun erro do equipo de deseño deste medio, as datas de celebración das festas publicadas no xornal en papel a través dun anuncio non se corresponden coas deste ano igual que os nomes das orquestras que amenizarán os festexos. En ningún caso é responsabilidade do Concello.