Skip to main content
ActualidadeMurasSociedade

Catro establecementos do municipio acollen a primeira edición dos Cantos de Taberna de Muras

Por 3 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e aos concelleiros, Belén Chao Ramil e Mario Rouco Rey,  presentaron este xoves no Concello de Muras, a primeirra edición dos Cantos de Taberna da localidade. Trátase dunha iniciativa lúdico-festiva que conta coa colaboración do organismo provincial, que terá lugar o sábado 12 de agosto en catro tabernas da localidade.

García Porto explicou que “decidimos achegar un total de 3.000 euros á celebración deste evento por tratarse dunha iniciativa de carácter lúdico, coa que se dinamiza turisticamente o Concello, pois é un reclamo para toda a zona. A través desta colaboración, continuamos a promocionar o sector turístico lucense, tal e como acordamos no Plan Estratéxico. Esta iniciativa servirá ademais para xerar riqueza e impulsar a economía local, nun dos meses nos que Muras conta con máis veciños.”

Manuel Requeijo agradeceu a implicación da Deputación neste novo proxecto e convidou a todos os visitantes a achegarse o sábado 12 ata Muras, “para que coñezan o noso rico patrimonio arqueolóxico, paisaxístico, natural e por suposto que ao mesmo tempo, poidan desfrutar da nosa gastronomía e das nosas actividades de lecer”, destacou.

Programación

A primeira edición dos Cantos de Taberna de Muras arranca o sábado 12 de agosto ás seis da tarde na parroquia do Viveiró. Concretamente nas dúas tabernas da zona, Casa Victor e Casa Cándida. E a partir das oito e media a festa trasladase a Muras; no Bar A Volta e Café-Bar Santi. Esta xornada estará amenizada polos grupos Os Feroces de Galgueira e Entre Lusco e Fusco.