Skip to main content
A PastorizaActualidade

Curso de demostración de aplicacións de drons nas explotacións agrarias co Concello da Pastoriza

Por 11 Agosto, 2017Sin comentarios

O Concello da Pastoriza, en colaboración con Proyestegal, organiza un curso demostración sobre o uso de drons no millo forraxeiro entre outras aplicacións en explotacións agrarias e de leite.

As actividades de demostración gratuítas desenvolveranse entre o luns 11 e o xoves 14 de setembro entre as dúas e media do mediodía e as sete e media da tarde ata completar un total de 20 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 31 de agosto ou consultar máis información no Concello a través do teléfono 982 332 197.