Skip to main content
ActualidadeCospeito

Máis de 1.700 tapas en tres días en tres locais de Muimenta

Por 15 Agosto, 2017Sin comentarios

Un total de 1.767 tapas se despacharon entre o 11 e o 13 de agosto no XIV Concurso de Tapas de Muimenta no que participaban o Asador O Cabuxo, o restaurante Anllo e o Bar Alvariño.

Cunha media de 197 tapas despachadas por cada local, esta edición sitúase como récord ao superar as 49 de media do concurso de agosto de 2015.  Así “queda claro o gran respaldo de toda a comarca aos concurso de tapas en Muimenta”. Por iso dende a organización “xa se está pensando na vindeira edición”; mentres que  tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hostelería participantes agradecen “a toda a xente que acudiu a está edición das tapas de Muimenta”.

Milfollas de verán, tapa presentada ao XVI Concurso de Muimenta polo asador O Cabuxo.

Milfollas de verán, tapa presentada ao XVI Concurso de Muimenta polo asador O Cabuxo.

Sorteo de premios
O vindeiro luns 21 de agosto, a partir das oito e media do serán, terá lugar o sorteo dos tres vales de 75 euros cada un deles a consumir nos diferentes establecementos socios do colectivo empresarial de Muimenta nos 30 días seguintes á súa entrega entre as tarxetas coa ruta completa.

Así mesmo, farase un reconto desas tarxetas coas votacións outorgadas á que cadaquén considere a mellor tapa para coñecer a gañadora.