O Cabreiros faise co XII Trofeo Manuel González

A SDC Cabreiros facíase co sétimo trofeo Manuel González do Concello de Xermade no que participaban os catro equipos de fútbol do municipio.

O segundo clasificado foi o Roupar, terceiro o Xermade e cuarto o Cazás.

VII Trofeo Manuel González do Concello de Xermade.

VII Trofeo Manuel González do Concello de Xermade.

O Concello entregaba cadanseu agasallo aos equipos participantes neste trofeo que rende homenaxe á figura de Manuel González Fernández, promotor desta competición local, e cuxa labor foi fundamental no desenvolvemento deportivo da localidade.

A Deputación Provincial, cunha achega de 2.550 euros, é o principal patrocinador desta cita deportiva que involucra aos diferentes equipos da zona conseguindo fomentar a práctica deportiva entre a xuventude de Xermade e impulsando o deporte como un elemento fundamental dentro dun estilo de vida saudable.

Etiquetas