Skip to main content
ActualidadeTERRACHÁXA

A Plataforma de afectad@s das residencias da Deputación valora positivamente os encontros co PP e BNG mentres lamenta o “desinterese” do PSOE

Por 22 Agosto, 2017Sin comentarios

Desde a Plataforma de Afectados/as pola selección do persoal das Residencias da Deputación queremos manifestar a nosa valoración positiva dos encontros mantidos cos grupos provinciais do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego. Ambos grupos manifestaron o seu posicionamento a favor de que se respectara a selección realizada en maio do ano 2015, toda vez que se tratou dun proceso selectivo publicado no BOP e que non foi recurrido por ninguén.

Ambos grupos tamén manifestaron que se van a posicionar no vindeiro Consello de Administración de Suplusa a favor da inscripción da mesma no rexistro de Entidades prestadoras de Servizos, requisito necesario para que Suplusa poda exercer a xestión das residencias.

Pola contra desde a Plataforma temos que manifestar a nosa decepción co grupo Provincial Socialista, toda vez que despois de ter pasados mais de dez dez días non teña repostado á solicitude de entrevista solicitada pola Plataforma, mesmo despois de termos enviado a solicitude por rexistro e por correo electrónico. Entendemos que despois de dous anos de espera as persoas seleccionadas como mínimo merecemos o respecto de que se nos reciba e se nos escoite, e non unha actitude de desinterese cara á nosa problemática.

Esta actitude por parte do grupo socialista só xera inquedanza no grupo de persoas afectadas, posto que entendemos que debera de ser o grupo socialista o mais interesado en amosar o compromiso cun proceso selectivo que foi desenvolto baixo a súa supervisión.