Axencia de colocación

O “cachopo” estilo Cabuxo gaña o XIV Concurso de Tapas de Muimenta

"Cachopo estilo cabuxo en niño de patacas e pasta fresca".

“Cachopo estilo cabuxo en niño de patacas e pasta fresca”.

Con 192 votos, o Asador O Cabuxo proclamábase vencedor do XIV Concurso de Tapas de Muimenta.

O seu “cachopo estilo Cabuxo en niño de patacas e pasta fresca” foi, á súa vez, a tapa máis consumida entre o 11 e o 13 de agosto; xa que foron despachadas 610 racións. A tan só dúas quedábase o Bar Alvariño que recibía 107 votos e o restaurante Anllo, a pesar de servir 549, recibía 118 votos e colocábase na segunda posición do podio. Foron, polo tanto 1.767 as tapas servidas nesta edición na que só participaban tres dos establecementos da vila e 424 as rutas completas –das que 7 votos foron nulos-.

Premios para o público
As agraciadas no sorteo dos tres vales de compra por valor de 75 euros cada un para gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta foron Marisa Pillado –veciña de Barcelona, pero natural de Muimenta-, Esther López –de Muimenta- e Vanesa Lamas – de Cospeito-.

Trala entrega de premios o mércores 23 de agosto ás nove do serán no local social da Asociación de Empresarios de Muimenta, na Casa da Cultura, os vales deberán ser consumidos nun prazo de 30 días.

Etiquetas