Skip to main content
Actualidade

Aberta a solicitude das axudas da Deputación para asociacións culturais lucenses e para a promoción da artesanía

Por 23 Agosto, 2017Sin comentarios

A deputada de Cultura presentando as axudas do departamento.

Aberta a solicitude das axudas de máis de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses, e para a promoción da artesanía. O BOP publicou as bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia, e tamén para a realización de actividades de promoción da artesanía na anualidade 2017. As entidades teñen de prazo ata o día 8 de setembro para presentar as súas solicitudes.

Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas axudas. O prazo de solicitude, para ámbalas dúas convocatorias será ata o 8 de setembro, inclusive.

Cultura

As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2017. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; para potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia, e o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.

Axudas para promocionar a artesanía

Por primeira vez o Goberno da Deputación ofrece axudas, destinadas ás asociacións,  para a realización de actividades de promoción da artesanía lucense. As liñas de actuación desta programación contempla tres apartados: cursos de disciplinas artesanais; demostracións en vivo sobre os diferentes oficios artesanais, e para a organización e desenvolvemento de eventos de promoción e difusión da artesanía.

Baremos sociais

Nestas dúas convocatorias, primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.