Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

Maxia e espectáculo infantil para o xoves e o venres en Vilalba

Por 23 Agosto, 2017Sin comentarios
Mago Antón.

Mago Antón.

Maxia de preto con novos e vellos trucos para toda a familia. Dentro do programa Música no Camiño da Xunta de Galicia o mago Antón achega a Vilalba unha nova produción que supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas: o moneco Facundo, aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…

Onde está o Mago Antón? supón unha hora de espectáculo que se desenvolverá o xoves 24 de agosto no magomóbil aparcado na praza da Constitución con funcións ás doce da mañá, á unha do mediodía, ás seis e ás sete da tarde e ás dez da noite.

Os pases pódense recoller na Casa da Cultura en horario de seis a oito da tarde deste mércores 23 de agosto e no propio magomóbil a partir das catro da tarde situado na Praza da Constitución.

O Show de Susana

Tamén con entrada de balde, pero no auditorio municipal terá lugar outra das propostas de AGADIC o venres 25 de agosto a partir das seis da tarde. Neste caso, tamén dirixido a toda a familia, terá lugar o “Show de Susana”.