Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta esixe por escrito a proposta da Xunta en relación ao servizo de bus entre a parroquia e a capital da provincia

Por 28 Agosto, 2017Sin comentarios
Praza de Muimenta.

Praza de Muimenta.

Cinco colectivos veciñais e deportivos de Muimenta reclaman que se lles presente por escrito a proposta que na reunión que se ía celebrar este luns 28 de agosto a tres bandas entre Xunta, Concello e colectivos, despois dos escrito presentado por estos últimos o pasado martes 22.

Así o piden a través dun novo escrito presentado no Rexistro Xeral da Xunta en Lugo dirixido ao delegado territorial co obxectivo de “transmitir a súa proposta literalmente aos veciños e veciñas a través dunha asemblea” despois de ter confirmada por parte do Concello de Cospeito o mércores 23 a  data de celebración de dita reunión para o martes 29 á unha do mediodía e recibir o xoves 24 un novo aviso, desta volta por parte da Delegación Provincial da Xunta a todos os representantes dos colectivos asinantes do escrito de reclamación, para ” para modificar devandita reunión para o luns 28 de agosto, ás once da mañá, debido a problemas de axenda, xa que o 29 de agosto se prevé a visita dun membro da Xunta de Galicia á provincia de Lugo”.

“A maioría dos integrantes dos colectivos asinantes, ben rexentan o seu propio negocio ou ben desempeñan o seu traballo por conta allea, e non poden organizar para pechar ou ausentarnos dos postos e lugares de traballo para un día e,  despois modificar esos plans en menos de vinte e catro horas. Non teñen dispoñibilidade absoluta de horarios nin de axenda, e na maioría dos casos, por non dicir todos, levan a cabo o traballo dos colectivos que representan no seu tempo de lecer, para canto máis este tipo de reclamacións, que consideran que tiñan que estar resoltas, polos seus representantes públicos, antes de chegar á situación a que se chegou: non ter servizo de bus directo entre Muimenta e Lugo pasando por diversas parroquias dos Concellos de Cospeito e Castro de Rei”.

O motivo da reclamación que asociacións e clubs reiteran é a do mantemento do servizo de autobús que comunique a parroquia de Muimenta con Lugo, sempre con parada no Hospital Universitario Lvcvs Augusti, e que ata o pasado luns 7 de agosto eran: dous de ida entre Muimenta e Lugo, en horario de mañá e tarde e con saídas ás sete e media da mañá e ás tres da tarde, respectivamente; e tres servicios de regreso entre Lugo e Muimenta, con saída da estación de autobuses da capital de provincia á unha e media, ás seis e cuarto e o último ás sete e media.

“Queremos coñecer por escrito a proposta que realiza a Xunta de Galicia para que non se repitan situación xeneradas entre decembro do 2014 a abril do 2015 co tema do Centro de Saúde de Muimenta cando aos usuarios non se lle sustituía o médico cando este estaba de baixa. Mantivéronse diferentes reunións cos representantes públicos, nun conflicto que se alongou moito no tempo”.

Ademais, recalcan a “falta total de información que actualmente teñen os usuarios e veciños do pobo sobre a situación xenerada coa nova regulación do transporte de Galicia” e lembran que “non todo é a rendabilidade económica, tamén existe a rendabilidade social, e que o transporte público é un servizo público (con que haxa unha sola persoa que demande dito servizo, este ten que ser efectivo) reinvindicando a vida no rural”.

“O rural, actualmente é como un carballo que se encontra secando, se se rega pode coller vida, e seguir cara arriba, dando sombre e cobixo; pero senón fas nada con el, segue secando e acabará caendo, pouco a pouco e sen que ninguén o axude. Isto é o que está pasando actualmente co rural galego”.