Skip to main content
ActualidadeCospeito

Os socialistas de Cospeito preguntan de novo polo servizo de transporte público no municipio e a situación tributaria da planta de compostaxe

Por 30 Agosto, 2017Sin comentarios

Os socialistas de Cospeito volverán preguntar no pleno ordinario deste xoves 31 de agosto polas xestións municipais con respecto á supresión de varias liñas de transporte de pasaxeiros entre algunhas parroquias do municipio e a capital da provincia.

A voceira socialista, Rosa Morán, recorda que “xa no pleno ordinario de xuño presentamos unha moción de urxencia alertados pola supresión de varias liñas de transporte de pasaxeiros na que pedíamos principalmente que non se suprimiran as que se pretendía porque varias parroquias quedarían sen comunicación con Lugo como puidemos evidenciar no anteproxecto da lei”. Con todo, o alcalde e o grupo municipal popular rexeitaron a moción argumentando, segundo consta na acta, que “xa mantivera varias reunións ao respecto, que tiña presentadas alegacións e que antes da entrada en vigor, ou sexa, antes do día 8 de agosto, tiñan que contestar”.

Con posteridade, “constatamos que o que nos temíamos pasou e os nosos veciños a partir do día 8 de agosto quedaron sen servizo a Lugo ou con modificacións de horarios sen previa información e sen saber a quen preguntar”; mentres que algunhas liñas nun principio suprimidas no anteproxecto volveron aparecer tras presentar modificacións, pero non no caso de Cospeito”.

É por iso polo que os socialistas queren coñecer se houbo resposta ás alegacións presentadas polo Concello, así coma a situación a día de hoxe: “se houbo ou se contempla algunha modificación e en que consiste e o funcionamento de cada unha das liñas”. Os socialistas advirten que “nos consta que algunha liña que debería estar funcionando, polo menos algúns días a semana, en realidad non o está”.

Igualmente, “posto que xa é unha preocupación de hai tempo, gustaríanos así mesmo saber se solicitou a reposición da liña que recollía pasaxeiros na parroquia de Cospeito que ía a Lugo, que xa hai anos se suprimiu, ou en algún momento o transladou o alcalde nunha das moitas reunións das que nos falou”.

Planta de compostaxe
Tamén insisten os socialistas noutras propostas plantexadas xa no Pleno Extraordinario de 29 de xuño solicitado Grupo Municipal Socialista. Así, preguntarán pola situación tributaria da empresa Biocompost de Lugo S.L., en relación ó IBI, taxa de recollida de lixo ou calquera outro tributo municipal nos últimos catro anos.

E en función da situación da empresa Biocompost de Lugo S.L. recordan a aprobación por unanimidade das propostas sobre o requerimento, no seu caso, da alta das edificación no Catastro e se proceda a liquidar o IBI, incluidos os atrasos; así coma do pagamento de forma inmediata no caso de que non pague a taxa pola recollida de lixo. E o mesmo con outros impostos ou taxas municipais das que puidera resultar obrigatorio o seu pago.

Tamén fora aprobada a proposta de “rematar o procedemento administrativo para comprobar o cumprimento por parte da mercantil Biocompost de Lugo S.L. das condicións establecidas no contrato de compravenda de terreos para a ainstalación da planta, aprobados polo Pleno da Corporación o 22 de decembro de 1998”; unir ao expediente incoado o informe do Secretario Municipal en relación aos efectos xurídicos de cumprimento ou incumprimento das condicións establecidas no contrato de compravenda e, no suposto de acreditarse o incumprimento das condicións establecidas, a adopción das medidas que se contemplan no acordo plenario de 22 de decembro de 1998.

Cobro do imposto pola recollida do lixo
En relación á ordenanza municipal sobre a recollida de lixo, os socialistas recordan que se aprobaba hai máis dun ano establecendo “o cobro a tódalas casas do concello habitadas ou non, posto que antes tan so pagaban as que tiñan abastecemento de auga”.

Con todo, “temos información de que se está intentando mediante os pedáneos que os veciños cubran unha solicitude para pagala ou pasen polo Concello para solicitalo. Algúns veciños e veciñas comentáronnos que eles non tiñan que pagar porque fixeran un pacto co alcalde e se compremeteran a pagar a luz dos focos do alumeado a cambio de non pagar pola recollida de lixo. Como non foi unha soa persoa a que nos comentou isto, parecenos convinte preguntarlle se o confirma e de ser así, se volveu a falar con eles persoalmentemente ou oficialmente para comunicarlles a obriga de pagar a pesar de ter que pagar tamén a luz dos focos, ou en todo caso, se agora existe alumeado público se recolleron tales focos de non ser necesarios na actualidade”.

Por outra banda, tendo en conta que están previstas ou xa executándose novas traídas de augas, “queremos saber cales delas se surtirán da captación da Comunidade de Regantes Rio Pequeño do Arneiro ou se teñen proxectada unha nova captación”, indica Rosa Morán.

Outros puntos da orde do día
A orde do día do pleno ordinario que o Concello de Cospeito convoca para este xoves 31 de agosto ás cinco da tarde recolle modificacións na ordenanza sobre o funcionamento da gardería municipal co obxectivo de adaptar os prezos á lexislación vixente, así coma a suba do 1% dos funcionarios e demais persoal.