Skip to main content
ActualidadeXermade

Un home falece tras saírse da vía co vehículo que conducía en Xermade

Por 2 Setembro, 2017Sin comentarios

Un home faleceu no concello de Xermade despois de saírse da vía co vehículo que conducía e impactar contra un valo. O accidente ocorreu sobre as dez desta mañá, entre o punto quilométrico 19 e 20 da LU-861, en Roupar.

Ao redor da unha, efectivos de Protección Civil da localidade confirmaron ao persoal do CIAE  o falecemento da persoa. Segundo relataron, unha indisposición do condutor ao volante puido ser a causa que motivou o accidente.

Ademais do persoal sanitario, ata o lugar do sinistro desprazáronse nada mais ser alertados polo 112 Galicia, axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Tamén os Bombeiros de Vilalba e o persoal do servizo de mantemento da estrada foron informados do suceso polo CIAE.