Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha persoa ferida de consideración en Vilalba tras saírse da vía e arder o vehículo no que viaxaba

Por 3 Setembro, 2017Sin comentarios

Unha persoa resultou ferida de consideración tras arder o vehículo que conducía despois de saírse da vía á altura do lugar de Lanzós, no concello lucense de Vilalba.

Tras recibir a chamada de alerta de varios particulares, minutos antes das once da noite deste sábado,  que advertían da posibilidade de persoas atrapadas e do vehículo en chamas, o CIAE, de inmediato, pasou aviso aos Bombeiros de Vilalba e aos servizos sanitarios. A Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil tamén se achegaron ao punto nada mais ser alertados polo persoal do 112 Galicia.

Os membros do parque comarcal confirmaron que testemuñas  que presenciaron o accidente lograron sacar ao único ocupante do turismo, polo que, non foi preciso o emprego do material de excarceración. Iso si, o coche estaba envolto en chamas. Ademais, indicaron que ao saírse da vía, o turismo, impactou contra unha caseta e comezou a arder. Ardeu o coche por completo.

O ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital de Lugo con feridas de gravidade debido ao impacto e con diversas queimaduras no seu corpo.