Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz executa obras na ponte de Porucelo con cargo ao canon éolico da Xunta

Por 4 Setembro, 2017Sin comentarios

Trala adxudicación das obras de reparación da ponte de Porucelo sobre o río Ladra na parroquia de Pígara a OVISA por un importe de 29.159,17 euros con cargo ao canon medioambiental da Xunta de Galicia, desenvolveranse durante o mes de setembro.

Esta ponte comunica os barrios de Porucelo e Santa Mariña co resto da parroquia, do concello e da provincia ao permitir cruzar o río máis caudaloso que atravesa Guitiriz, o Ladra. A estratura “fora restaurada no ano 2007 grazas a aportación económica da Xunta, pero non se intervira nas bases porque daquela amosaban un bo estado de conservación. Nos últimos anos sufriron un deterioro progresivo os piares por mor das enchentes do río que provocan a erosión das mesmas e desprazan as pedras. O Concello incluiu a obra nos orzamentos deste ano e non puido adxudicala ata contar coa pertinente autorización da Confederación Hidrográfica Miño – Sil”, segundo informa a alcaldesa, Regina Polín.

Con motivo das obras, Polín adverte á veciñanza e a todos os usuarios desta estrada que “non se vai proceder a cortar ao tráfico; xa que só se farán cortes puntuais de pequena  duración, de aproximadamente 15 minutos”. É por iso polo que prega “disculpen as molestias que se poidan causar e, sobre todo, que sexan moi prudentes cando pasen pola zona mentras duren as obras”.