Skip to main content
ActualidadeGuitirizXermade

Aberto o prazo de matrícula nas aulas da UNED Sénior A Coruña

Por 6 Setembro, 2017Sin comentarios

Aqueles maiores de 50 anos que queiran ter unha formación universitaria, poderano facer a través do novo curso que a UNED Sénior da Coruña está a proxectar para o vindeiro outono. O período de inscrición segue aínda vixente ata que rematen as prazas e o comezo das clases previsto para outubro. Un total de 280 alumnos acudiron o ano pasado (320 matriculación das asignaturas) ás clases, e se espera que o número de participantes para o curso 2017/2018 se manteña ou aumente.

Os que queiran acceder ao curso 2017/2018, o oitavo deste centro, non teñen que cumprir requisito algún en forma de niveles educativos, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan. As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida cotiá, a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo doutor Marcelino Mosquera; Patrimonio Histórico e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informática, por Anton , nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; Música por o mestre e director de Orquestra, Fran Garcia; Canto e Ximnasia tráves da Música por A.T.S. Silvia Cerame. Cada unha das materias ten 30 horas lectivas.

Para formalizar a matrícula pode acudirse directamente ao Centro Asociado na Coruña ou aos delegados de zona. Os Concellos colaboradores da UNED Sénior A Coruña son Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Lousame, Paderne, Rianxo e Xermade.

Horarios
Guitiriz (CEIP de Lagostelle)
– Pandereta: luns de 19.30 a 20.15 horas.
– Canto: luns de 20.15 a 21.00 horas.
– Música: martes de 18.00 a 20.00 horas.
– Linguaxe musical: martes de 20.00 a 21.00 horas.

-Informática: martes de 16.00 a 20.00 horas (Telecentro)

Xermade (Escola Unitaria de Momán)
– Música: os luns de 15.00 a 17.00 horas.
– Informática: os mércores de 15.00 a 17.00 horas.
– Medicina: os xoves de 16.00 a 18.00 horas.