O Concello da Pastoriza mellorará vías municipais da parroquia de Lagoa con cargo ao Plan Único

O Concello da Pastoriza levará a cabo a mellora de varias vías municipais na parroquia de Lagoa con fondos do Plan Único da Deputación Provincial.

A tenente de alcalde, Elva Carrera, explica que “estes traballos consisten na reparación de varios viais mediante a reapertura de cunetas e a aplicación de rego asfáltico no firme nun total de 4.500 metros nos barrios de Barral, Gasalla e Abelaira”.

A contratación da obra, que conta cun orzamento base de licitación de 67.704,74 euros, realizarase a través dos procedementos que establece a lei mediante a oferta de varias empresas. Para a súa adxudicación “valorarase a maior garantía das obras, así como a mellora de obra que poidan ofertar”.

Carrera recorda que “esta é a primeira ocasión que os Concellos temos a oportunidade de levar a cabo actuacións nas vías municipais con fondos da Deputación. Isto débese ao Plan Único, froito das esixencias dos deputados do BNG na Deputación, co que os cartos cheguan a todos os Concellos a través dun reparto equitativo e obxectivo”. “Aínda queda moito camiño por andar nas prácticas caciquís que se dan na Deputación”, engade. Pero, “cremos que se deu un gran paso neste senso. Resulta inaudito que as asociacións ou grupos de veciños puidesen arranxar con fondos da Deputación, vías municipais e o propio Concello non puidese facelo. Isto deixa en evidencia as prácticas que dende a Deputación se levaron a cabo nestes anos”.

Etiquetas