Skip to main content
Actualidade

O BNG propón unha vía verde para achegar as urbanizacións de Outeiro de Rei ao bus urbano de Lugo

Por 15 Setembro, 2017Sin comentarios
Os edís do BNG de Outeiro de Rei percorreron o tramo entre a urbanización de S. Martín de Guillar con Ramil.

Os edís do BNG de Outeiro de Rei percorreron o tramo entre a urbanización de S. Martín de Guillar con Ramil.

O BNG levará unha iniciativa ao pleno do concello de Outeiro de Rei e á Deputación para propoñer a construción dunha vía verde para unir as urbanizacións de S. Martín de Guillar (Outeiro de Rei) coa parada de bus urbano situada en Ramil (Lugo). O edil do BNG, Xabier Molinos, sinalou “son menos de 2 km o que separa as urbanizacións desta parada de bus e que é utilizada por moitas veciñas e veciños para achegarse a diferentes puntos da capital lucense”.

A proposta do BNG consiste en acondicionar unha senda paralela á estrada para que peóns e ciclistas poidan desprazarse con seguridade durante este tramo de 1,8 km entre as urbanización de S. Martín de Guillar e Ramil. “Cun baixo investimento poderíase facer unha vía verde, integrada na paisaxe, e coas mínimas condicións de transito para unir estes dous puntos” dixo Xabier Molinos que destacou “así o transito de peóns e ciclistas quedaría perfectamente separado do de vehículos a motor que, nalgúns casos, circulan a velocidades excesivamente elevadas e poñendo en perigo ás persoas”.

Para a realización desta vía verde, explicou Molinos, “e necesario o acordo de varias administracións por que a estrada de titularidade municipal que vai dende as urbanizacións de S. Martín de Guillar enlaza coa estrada Deputación LU-234”. Por esto os nacionalistas trasladarán este proposta tamén á Deputación de Lugo e así contar co apoio das administracións municipais e provincial. Os ediles do BNG, Xabier Molinos e Xosé Ferreiro, percorreron este tramos de vía e puideron contratar con varias persoas usuarias da mesma a necesidade da posta en funcionamento desta vía verde para peóns e cicilstas.

Ademais da construción da vía verde o BNG inclúe na súa proposta a dotación da sinalización necesaria, a dotación de papeleiras e a colocación un punto seguro de estacionamento de bicicletas ao carón da parada de bus de Ramil. “Así as persoas que decidan desplazarse en bicicleta dende a súa casa ata a parada de bus poderían deixala aparcada con certas garantías de seguridade ata o seu retorno” dixo Xabier Molinos.