Skip to main content
A PastorizaActualidadeSociedade

Ata 185 persoas participaron no VI Volante Deputación na Pastoriza

Por 17 Setembro, 2017Setembro 19th, 2017Sin comentarios
Os participantes no VI Volante Deputación xunto ao deputado Eduardo Vidal, o alcalde e a tenente de alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias e Elva Carrera, respectivamente.

Os participantes no VI Volante Deputación xunto ao deputado Eduardo Vidal, o alcalde e a tenente de alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias e Elva Carrera, respectivamente.

O VI Volante Deputación celebrábase durante esta fin de semana no circuíto da Pastoriza reunindo a 185 pilotos afeccionados lucenses.

Despois de recibir formación en técnicas de condución, os participantes pasaron un proceso de selección cronometrado, do que resultaron tres finalistas. O primeiro clasificado terá a oportunidade de participar no Rally San Froilán totalmente de balde dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela aos mandos dun Suzuki Swift Sport.

A final trasladarase ao vindeiro domingo 1 de outubro debido ás inclemencias meteorolóxicas que impediron a súa celebración.

O domingo 17 tamén se homenaxeaba a Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.

Á cita achegábase o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao alcalde Primitivo Iglesias e a tenente de alcalde Elva Carrera.