Skip to main content
ActualidadeCospeitoRábade TERRACHÁXA

A Garda Civil sorprende a un conductor cun peculiar sistema de colocar o cinto de seguridade

Por 20 Setembro, 2017Sin comentarios

Ás 11:45 horas deste mércores 20 de setembro cando axentes da Garda Civil pertencentes ao Subsector de Tráfico de Lugo atopábanse no P.K. 0 da LU-111 (Rábade -Cospeito) realizando un punto de verificación do uso do cinto de seguridade, puideron observar como, nun vehículo mixto ao cal detiveran a marcha, o condutor do mesmo facía uso dun peculiar sistema para aliviar a suxeición propia do citado dispositivo.

O sistema consistía nun arame de aceiro, dobrado en ambos os extremos. Un deles enganchábase na parte transversal do cinto de seguridade, a que suxeita a parte superior do corpo en caso de accidente e impide que este sexa proxectado cara a adiante e o outro extremo ía enganchado á manilla de apertura interior da porta do condutor, permitindo así que o sistema queda frouxo, perdendo así toda a súa eficacia e supoñendo un perigo grave en caso de accidente debido a que un metal ríxido podería converterse nunha arma punzante e cravarse no corpo do condutor ou ocasionarlle graves feridas.

Cuestionado o condutor sobre o porqué do uso de tan particular artefacto, este manifestou aos axentes que o cinto de seguridade molestáballe e quería facer unha condución máis cómoda.

O citado condutor foi proposto para sanción por non usar adecuadamente abrochado o cinto de seguridade.