Skip to main content
Actualidade

O Observatorio de Mobilidade de Terras avanza no seu traballo a prol da mellora da base territorial das explotacións

Por 21 Setembro, 2017Sin comentarios

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, presidiu a reunión técnica do Observatorio de Mobilidade de Terras de Galicia. Nesta xuntanza reforzouse a colaboración entre os compoñentes deste órgano para compartir datos que favorezan o seu traballo a prol de mellorar a base territorial das explotacións agrogandeiras para incrementar a súa competiividade e evitar, ao tempo, o abandono de terreos en Galicia.

A través deste observatorio, que naceu dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundación Juana de Vega, realízase un intercambio de información entre os datos procedentes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Axencia Tributaria de Galicia, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), o Instituto de Estudios do Territorio (IET), o Campus de Lugo da USC e o Instituto Galego de Estatística (IGE) co fin de mellorar a transparencia dos mercados e coñecer as dinámicas parroquial/municipal sobre as terras no conxunto da Comunidade.