Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXASociedade

O bioconstrutor Guido Tomasini dirixe un obradoiro de barro en Rábade

Por 29 Setembro, 2017Sin comentarios

A fin de semana do 7 e 8 de outubro a Casa das Ínsuas acollerá un novo obradoiro de barro da man do artesán e bioconstrutor Guido Tomasini co que aprender as nocións básicas sobre o revoco e a construción con barro.

A práctica, dentro do horario de dez da mañá a seis da tarde, servirá para axudar á preparación dunha estancia da Casa das Ínsuas.

A inscrición é gratuíta, aínda que é necesario reservar praza a través da web da AGCT.

Centro de Formación en Bioconstrución
Guido Tomasini estrea este sábado 30 de setembro o seu centro de formación en bioconstrución en Vilarmide (Pontenova).