Skip to main content
ActualidadeCastro de Rei TERRACHÁXACultura TERRACHÁXAGuitirizSociedadeTERRACHÁXA

‘De volta a Ítaca’ impulsa o proxecto ‘Salvemos a casa de Díaz Castro’ que Xermolos continúa a espallar

Por 4 Outubro, 2017Sin comentarios
Música no festival 'De volta a Ítaca'.

Música no festival ‘De volta a Ítaca’.

A Asociación Xermolos mantivo varias actividades estas semanas na súa teima de dar a coñecer a obra do poeta Díaz Castro cadrando co 27 cabodano do seu pasamento.

O sábado 30 de setembro, coordinados por As Feas, a Federación de Asociacións da Chaira, celebrábase o festival “De volta a Ítaca” en Castro de Re, lembrando as viaxes de Ulises e a fidelidade de Penélope, protagonistas da poesía do poeta de Guitiriz, é dicir, as aventuras e tensións na busca de máis vida para o rural dende as artes tradicionais que tecía Penélope.

A xornada estivo ateigada da creación que está a abrollar na Terra Chá, así as e os poetas leron versos propios e tamén de Díaz Castro: Darío Xohán Cabana, Fátima Fernández, Martiño Maseda, Xosé Otero Canto…, e a música protagonizou toda a xornada: as pandereteiras Gaia de Castro e os chairegos Mini e Mero, pero tamén doutras comarcas: Os Amigos do Caldeiro e Xaora de Lugo, os Ultraqans, Humanity?, Rochi Nóvoa, o DJ Sapoconcho sem poncho, Xurxo Souto… Os xogos tradicionais de Xotramu de Muimenta e o aberto de billarda. A obra plástica de María Guerrero de Vilalba, as marionetas Trécola de Pol e o mago Antonciño de Vilalba… Entre as intervencións deuse a coñecer a obra de Díaz Castro e o Proxecto “Salvemos a casa de Dóaz Castro”.

Iniciativas en A Coruña
Dous días despois, o propio día do cabodano, Xermolos organizou un recital de poesía ao pé da tumba de Díaz Castro no cemiterio de Guitiriz, e xa pola tarde a achega ao poeta foi a través do audiovisual no Forume Metropolitano de A Coruña en colaboración coa Asociación de Veciños Oza de A Gaiteira-Os Castros. Proxectaronse os spots que Bruno Pena realizou para o Proxecto “Salvemos a Casa de Díaz Castro” e a súa curta “A chave de Bascuas”, un dos lugares preferidos de Díaz Castro, Presentaron estes traballos Antón de Guizan do colectivo A Lareira dos Soños dos Vilares, a parroquia natal de Díaz Castro, e o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco que agradeceu a acollida que está tendo a obra do poeta nesta cidade onde xa hai semanas que están cintemplando a exposición das pinturas de Anxo Lamas na Biblioteca Provincial Miguel González Garcés, doadas para a Casa de Díaz Castro e que o 19 de outubro van ser trasladadas aos locais da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

San Froilán
Nesta colaboración con outras asociacións, o vindeiro 12 de outubro, a asociación “Bolboreta fiandeira” vai colaborar con Xermolos informando sobre este proxecto na Feira Medieval do San Froilán e recadando fondos con este obxectivo. E días despois vai ter lugar nos locais da Asociación Madia Leva a proxeción de audiovisuais sobre Díaz Castro.

Xa en semanas posteriores o proxecto vai presentarse en Sada, Bergondo, etc.