Skip to main content
ActualidadeXermade

O BNG pide que a Deputación pinte as estradas no municipio de Xermade

Por 4 Outubro, 2017Outubro 7th, 2017Sin comentarios

O BNG de Xermade cre que “unha das maneiras de que a seguridade viaria sexa eficaz é manter as estradas nun estado de conservación axeitado. Isto inclúe todo tipo de sinalización incluído o pintado e mais agora que se aproximan as estacións con menos visibilidade do ano, incrementada por factores climatolóxicos adversos. Por iso a sinalización horizontal -pintado- é fundamental para manter a dita seguridade”

Nese sentido, “debido ao estado en que se encontran as estradas provinciais, presentan un rogo ao vindeiro Pleno para instar á Deputación (titular das estradas) para que proceda ao seu pintado inmediato; así coma á reparación das que se atopen en mal estado . Tamén lle esixen á Deputación que limpe as cunetas e tome as medidas necesarias para evitar as inundacións en sitios susceptibles de inundarse.

Cavadas-Caneiro
Por outra banda, os nacionalistas recordan a necesidade de “arranxar de inmediato as pistas de Cavadas-Lagoa, polo Caneiro, e Cavadas-Xemaré-Caneiro para evitar prexuízos maiores á veciñanza agora que se achega o inverno ante o estado de falta de conservación das mesmas que se viu agravado polo tránsito de maquinaria pesada pola corta e transporte da madeira”.

Nese sentido, piden que se lle reclamen os danos producidos á empresa madeireira que realizou os traballos de corta, extracción e transporte de madeira.

Tamén na mesma zona indican os edís do BNG que “a canle do regato que pasa por Xemaré, á altura das pontes, está atascado por maleza e troncos. E cando veñan as chuvias fortes provocará o apresamento e posterior desbordamento do regato á altura destas pontes. É por iso polo que rogan que se limpe, ou se fagan as xestións pertinentes para facer a limpeza do regato de Xemaré á altura das ditas pontes.