Skip to main content
Actualidade

A Casa-Museo Manuel María cambia de horario a partir do 7 de outubro

Por 5 Outubro, 2017Sin comentarios

A partir deste sábado 7 de outubro, un día despois de cumprirse 88 anos do nacemento de Manuel María, a súa casa museo muda o horario para ser visitada.

A que foi casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, é o espazo que acolle todo o seu interesantísimo legado. Ata o 29 de abril, quen a queira visitar, e coñecer a persoa e obra de Manuel María, pode facelo os sábados e festivos de once a dúas e de catro e media a sete e media e os domingos, só polas mañás.

6 de outubro, aniversario do nacemento do poeta
A súa extensa produción literaria é unha obra monumental que produciu algúns dos máis elevados cumios da nosa poesía contemporánea. Escritor comprometido coa restauración da lingua galega, coa restauración e enriquecemento da nosa literatura en todas as súas expresións e coa política activa, desde o nacionalismo, en prol do noso país.

“Manuel María, sempre e para sempre en nós, abríndonos a Galiza, á intimidade e ao asombro, ao humanismo, á palabra clara, cargada de pólvora, e ao verbo máis delicado…”