Skip to main content
ActualidadeSociedadeXermade

Roupar volve a renderse aos cogomelos

Por 6 Outubro, 2017Sin comentarios

A carballeira do Campo será escenario dunha nova edición da Festa dos Cogomelos en Roupar. Concretamente a décimo novena que se celebrará o sábado 28 de outubro a partir das dúas e media do mediodía.

O menú -a base de empanada de cogomelos, níscalos en salsa con arroz branco, boletus con carne e sobremesa, café e bebidas- ten un prezo de 15 euros. Con todo, os menores de 12 anos poderán participar de balde.

Os interesados e interesadas en participar nesta cita que organizan o Concello de Xermade e a Asociación de Veciños O Campo de Roupar coa colaboración da Deputación Provincial, poden adquirir os tickets ata o 25 de outubro nos bares Petróleo, Moncho e Ares – Roupar-, O Paso -Candamil-, Boucello – Cabreiros-, Cristal e O Porrás – Vilalba-, A Fervenza e Daniel – As Pontes-, Pita e Casal -Xermade- e no restaurante Tino -Momán-.

A música tanto na sesión vermú coma na verbena correrá a cargo do dúo Trópico.