Skip to main content
ActualidadeBrevesRiotorto

O Concello de Riotorto ofrece asesoramento técnico e de reclamacións ante a regularización catastral

Por 13 Outubro, 2017Sin comentarios

O Concello de Riotorto ofrece un servizo de asesoramento técnico e de reclamacións sobre a regularización catastral co obxectivo de que “os veciños e veciñas estean informados sobre as variacións que lles están a comunicar dende o Ministerio de Facenda”.

O servizo estará dispoñible entre o luns 16 de outubro e o venres 3 de novembro en horario de dez da mañá a dúas do mediodía e de catro da tarde a sete do serán nas oficinas municipais.