Skip to main content
ActualidadeVilalba

Modesto Renda recrimina a Baamonde a convocatoria dun Pleno Extraordinario en horario laboral

Por 14 Outubro, 2017Sin comentarios

O edil de Vilalba Aberta, Modesto Renda, dirixiuse este venres á prensa para explicar diante da veciñanza a que considera a “enésima mostra de covardía” dun Baamonde, ao que acusou de impedir que os veciños/as que votaron a Vilalba Aberta puideran estar representados nun debate fundamental da lexislatura.

O desencontro, parte da decisión do alcalde de convocar unha sesión extraordinaria en horario laboral. Unha elección, que para Renda representa unha “absoluta falta de respecto” aos que, coma el, “non contan coa flexibilidade horaria que ofrece o feito de levar toda a vida vivindo do cargo público”.

Neste sentido, asegurou que lle fará chegar igualmente as súas propostas ao equipo de Goberno. Unhas propostas, engadiu, que son o froito “dun traballo non remunerado e cuxa finalidade non é outra que a de mellorar as condicións de vida do conxunto da veciñanza.” Unha realidade “incomprensible para os que, coma Baamonde, non conciben o exercicio da política se esta non implica a percepción dun salario público”, sentenciou.