Skip to main content
ActualidadeGuitirizSociedade

O Concello de Guitiriz impulsa novas charlas en relación ao coidado de menores e maiores ou dependentes

Por 14 Outubro, 2017Novembro 9th, 2017Sin comentarios

A psicólogo Alba Campos impartirá neste mes de outubro outras dúas novas sesións da Escola de Familias de Guitiriz. Serán o luns 16 e o luns 30 na Casa Habanera a partir das sete da tarde. A primeira versará sobre “o acoso escolar” e a segunda, sobre “avós e avoas coidadores e coidadoras”.

Grupo de Familiares Coidadores
En relación ao coidado de maiores ou dependentes, o Concello imparte tamén algunhas charlas dirixidas a familiares coidadores e coidadoras. Neste caso, a segunda sesión dirixida a este grupo desenvolverase o martes 24 de outubro entre as once e media e as doce e media da mañá na Casa Habanera. De novo Alba Campos falará sobre “prácticas de pautas para o autocoidado do coidador/a”.