Skip to main content
ActualidadeXermade

Contos e teatro na Biblioteca de Xermade

Por 17 Outubro, 2017Sin comentarios

A Biblioteca de Xermade celebra o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coa actividade “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” da compañía Teatro Calavera. Será unha sesión de contos, máis un obradoiro de pasta de azucre (fondant) dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos.

Dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo tamén o 29 de outubro, a partir das cinco da tarde, acollerá unha obra de teatro para tódolos públicos representada por “Os Baluros” de Castro de Rei. O “Menciñeiro á forza” é unha versión libre dunha obra de Molière, dirixida por Xosé Manuel Carballo.