Skip to main content
ActualidadeSociedade

Falece Xosé Manuel Carballo

Por 29 Outubro, 2017Sin comentarios

O pasamento de Xosé Manuel Carballo Ferreiro provoca un gran pesar na comarca.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) manifesta o seu fondo pesar polo falecemento dunha persoa comprometida co país, coa súa identidade, coa súa cultura, precursor do idioma na longa noite de pedra, chairego de honra e membro honorario dos bos e xenerosos do bardo Pondal.

“Que a terra e as augas da nosa Matria lle sexan leves”.