Skip to main content
AbadínActualidade

Os Samordás ábrese á espeleoloxía

Por 31 Outubro, 2017Sin comentarios

O entorno do lugar dos Samordás, no municipio de Abadín, garda tesouros baixo a terra. Trátase de covas que xa recibiran a visita de espeleólogos na década dos 70 e que agora os volveron recibir coincidindo co L Campamento Galego de Espeleoloxía.

Interior da Cova de Santos ou da Meiga nos Samordás.

O grupo de espeleoloxía Lucus Augusti de Vilalba tivo a oportunidade de acceder ás tres ata constatar a existencia de ata 170 metros percorribles na máis grandes das tres que se encontron no lugar, a cova de Santos ou da Meiga, onde se atopan grandes concentracións de estalacticas e estalagmitas.

A cova da Pena Paleira, de máis difícil acceso debido á acumulación de terra na súa entrada tras anos sen ser explorada, ten unha lonxitude de aproximadamente unha trintena de metros; e, finalmente, a cova da Surxencia do río Muras, de arredor dunha ducia. Neste caso a principal curiosidade é a saída de auga dende o seu interior -aínda que se descoñece o punto onde emana- e que vai dar a un muíño que tamén se surte do propio río.

O alcalde, José María López Rancaño, xa avanzou o seu interese por “potenciar o patrimonio que temos no municipio”.